OS DATOS DO DÍA
Mércores, 5 de Febreiro de 2025
CUESTIÓN DE ACTITUDE

Todo é cuestión de actitude. Actitude, esa é a cuestión. Na vida, todo é unha
cuestión de actitude. Con este vídeo podemos reflexionar sobre a importancia
da actitude ante as cousas que nos ocorren. As cousas pasan e son como son,
non podemos cambialas. Pero si podemos decidir como miralas, afrontalas e
vivilas. Tan sinxelo e á vez tan complicado de levar a cabo. Depende de moitos
factores. Hai persoas que nacen máis optimistas que outras... A pregunta é, se a
pesar de todo, pódese aprender a ter unha actitude que nos faga sentir mellor
ante as situacións adversas. A resposta que nos ofrece o vídeo é que si podemos
darlle a volta á tortilla, podemos mirar desde outro lado... Ante calquera
situación hai dúas formas de afrontar o que ocorre. Cada un pode decidir cal das
dúas escolle.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como inflúen as circunstancias no teu estado de ánimo? Por exemplo, un día de
choiva, un suspenso, unhas décimas de febre...
Cal é a túa actitude dominante na vida?

Con que talante te enfrontas ante as dificultades?
Como inflúe esa actitude nos resultados? Lembras algún exemplo de persoas
que son modelo de actitude positiva, e outros de actitude negativa?

ORACIÓN

Benaventurado se, naquilo que fas, non es negativo: verás que hai moitas
cousas positivas en ti.
Benaventurado se, no que realizas, es inconformista: porque experimentarás que
a man de Deus te empuxa a superarte a ti mesmo.
Benaventurado se, no teu camiño, non vives de costas aos demais: comprobarás
que Deus te rodea con xente que te quere.
Benaventurado se, no que pensas, non buscas soamente o teu beneficio persoal:
alcanzarás felicidade promovendo o benestar dos demais.
Benaventurado se, alá onde traballas, vas ao fondo das cousas: porque
contribuirás a perfeccionar a creación.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!