OS DATOS DO DÍA
Xoves, 6 de Febreiro de 2025
SAN MIGUEL FEBRES CORDERO: SANTO E ACADÉMICO (9-II)

Milagre ou non, aconteceu así: O Ir. Miguel naceu eivado. Ós cinco anos non dera aínda o primeiro paso. Un 6 de maio estabámo-los dous na terraza do xardín -cóntano-la súa tía Asunción.

Eu cosía, e el, sentado, xogaba tranquilamente. De súpeto bérrame: Tita, ven ver unha fermosa señora xunto á roseira . Mirei e non vin a ninguén. El insistiu, Tita, a señora viste manto azul e é moi fermosa, dime que vaia con ela. Fixo un esforzo por erguerse e caeu outra vez, sentado. Quéreme levar, - repetiu.

Con esforzo conseguiu poñerse de pé e dar cinco pasos, os primeiros da súa vida. Logo, con aire desilusionado comentou: Xa se foi.

Aperteino chorando. E el, todo contento, xa puido dende entón, aínda que mal, andar.

Chegou a ser irmán eminentísimo polo seu saber. Tivo dificultades por parte do seu pai para ser irmán e ó longo de trinta anos desempeñou a súa misión de Irmán de La Salle como excelente profesor, lingüista extraordinario, autor de bastantes libros escolares e eminente catequista. Esta última misión efectuouna de forma perfecta e mellor ca ningunha outra.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Os santos son persoas coma nós, que creron no infinito amor e ternura do Pai para con eles.

Que nos suxire esta frase do Ir. Miguel: "Pois quéresme para ti, a ti me dou por sempre e sen reserva"

ORACIÓN

Ti, Señor, cada mañá chamas á miña porta

e disme: ven!

Eu quero seguirte con decisión.

Sabes que son débil e pecador,

Pero ofrézoche a miña vida,

os meus pés e mans e o meu corazón.

A túa vida, Señor, interpélame,

sedúceme o teu Evanxeo e a túa verdade,

o teu amor e a túa amizade.

Ti amósasme un xeito novo de vivir,

un camiño de renuncia e caridade.

Dáme folgos, Señor, para busca-la

felicidade seguindo os teus vieiros

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!