OS DATOS DO DÍA
Xoves, 13 de Marzo de 2025
POUCA COUSA É, PERO...(1)

Son pouca cousa, pode dicir o misto, pero, aínda non me podo comparar co sol, alumo. 

 

Por breves momentos son capaz de rachar a escuridade e sinalar o camiño perdido. E se me poño polas malas son capaz de causar un grande incendio. 

 

Pouca cousa é tamén o temón dun barco comparado co casco, pero é esencial para dirixilo.

 

A miña esmola é pequena, díxolle o neno ao pobre. Sei que non che vou quitar a túa necesidade totalmente, mais eu espero que recollas hoxe para comer se todos os que pasan ao teu carón che dan o mesmo. 

 

Un ladrillo é tamén pouca cousa, mais unido a outros moitos constrúe a casa. Igual que dicimos que "un gran non fai celeiro, pero axuda o seu compañeiro".

 

A area a penas podes collela gran a gran. Ten que ser a mancheas. Pero dela están feitas as praias. E, levada polo vento forma dunas e desertos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Que dúas cousas pequenas cres que podemos cambiar na clase?

* Poderás podes conseguilo ti só? Por que?

ORACIÓN

Cando un pobre nada ten e aínda reparte,

cando un home pasa sede e auga nos dá

cando un débil ao seu irmán fortalece,

vai Deus mesmo no noso mesmo camiñar.  

     

Cando abunda o ben e enche os fogares,

cando un home, onde hai loita, pon a paz,

cando irmán chamamos ao irmán,

vai Deus mesmo no noso mesmo camiñar.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!