OS DATOS DO DÍA
Luns, 31 de Marzo de 2025
SEICA... (1)

A avestruz, cando está en perigo, se se atopa no deserto, mete a cabeza na area. Así pensa que está máis segura.


O camaleón identifícase coa cor do ambiente no que vive: verde entre as ramas e as follas verdes da árbore na que se camufla; pardo, se a cor da parede na que se apoia é de cor escura como das follas secas. Faise sumamente difícil a súa localización. Podes estar case enriba del sen te decatar.


A abella, ao ir de flor en flor, sabe pousarse  e sacar delas o rico néctar co que libará o doce mel. Toda rosa ten espiñas, pero a abella fíxase máis na flor.

O sapo é un batracio de pel verdosa chea de verrugas, corpo gordecho, ollos saltóns, extremidades curtas e cinco dedos. De aspecto un tanto repugnante a primeira vista, o seu canto é ruidoso e desagradable. Vive feliz nunha lameira, de augas pútridas e estancadas.

A aguia é  raíña dos espazos abertos, como o león o é da selva. Fai o seu niño no alto dos  montes, nas fendas dos penedos rochosos. A súa excelente vista esculca o distante horizonte.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Con que animal dos que aparecen aquí te identificas máis? Por que?

* Hoxe é un día para que me esforce máis en ser como...

ORACIÓN

Señor, hoxe pídoche por todos: 

polos egoístas, para que aprendan a darse; 

polos covardes, para que sexan audaces. 


Polos soberbios, 

para que recoñezan a súa miseria; 

polos superficiais, 

para que reflexionen un pouco. 


Polos envexosos, 

para que se conformen co que teñen; 

polos ricos, para que repartan cos pobres. 

Pídoche por todos e tamén por min. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!