OS DATOS DO DÍA
Mércores, 2 de Abril de 2025
Pinta un mundo de cor – Alex Campos

Despois duns segundos de tranquilidade, onde sentimos o corazón e a nosa
respiración relaxada, escoitamos e vemos a seguinte canción: “Pinta un mundo
de cor - Alex Campos” Bos días rapaces e rapazas. Como ben saberás o mundo
está ultimamente un pouco gris: a guerra en Ucraína, a contaminación dos
nosos mares...así que entre todos, imos poñer un pouquiño de cor e enchelo de
desexos moi bonitos. Pinta de moitas cores un mundo como o que tes a
continuación, despois pensa en algo positivo que aprendeses durante este curso
e algo que che gustaría compartir cos demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por último, escribe ao redor do
planeta todos eses desexos bonitos para que o protexan e brille co noso AMOR.

ORACIÓN

CONVERSA CON XESÚS

 

Xesús,

ti sempre no medio da comunidade,

no medio de nosoutros,

ai é onde queres estar;

cando as portas están pechadas

e o medo é grande, solemne.

 

Medo a todo e por todo:

polo pan de mañá,

polas propias mans,

polos mesmos compañeiros,

polos soberbios da terra que nos bouran.

 

Xesús,

co costado e as mans feridas,

ofrecéndonos a paz,

a paz de cada día,

tan urxente coma o pan

que a anuncia e a encamiña.

 

E coa paz a alegría

Ai, a alegría!

ese froito madurecido

nas ponlas da fe firme

e da esperanza traballada.

 

Xesús,

enviados por ti,

por ti mandados

para vestir de festa

os loitos e loitas desta terra.

Envoltos si que andamos

en alento de esmagados,

pero, que forte é e poderoso

ese alento teu para cansados!

 

Xesús,

no medio da comunidade,

abrindo as portas, cos medos despachados.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!