OS DATOS DO DÍA
Mércores, 16 de Abril de 2025
ATOPAR A DISTANCIA XUSTA

Nun día do frío inverno un grupo de ourizos intentou darse calor, pero foi imposible polas súas púas afiadas; o frío obrigábaos unha e outra vez a xuntarse e a separarse, ata que despois de moitos intentos atoparon a distancia xusta: nin demasiado lonxe, para así poder darse calor; nin demasiado preto, para non facerse dano. Na vida e no trato coas persoas, o importante é saber atopar a distancia xusta.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sabemos gardar as distancias que esixen o respecto e a consideración aos demais?

Que é o respecto ás persoas, a que nos obriga?

Todos merecen e merecemos respecto?

Respectamos aos demais e respectámonos a nós mesmos?

Que é o pudor?, é bo e positivo para as persoas?, a que nos obriga?

ORACIÓN

Ensínanos, Señor, a respectar os demais, a respectarnos a nós mesmos, a crecer sans e educados. Axúdanos, Señor, a ter amizade e confianza, sen pasarnos nin facer nada que moleste aos demais.

Noso Pai.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!