OS DATOS DO DÍA
Mércores, 16 de Abril de 2025
O NOSO VERDADEIRO DESERTO
C O R E S M A

A verdadeira soidade é a morada do home; falsa soidade, o acubillo do individualismo. Hai que ir ó deserto non para fuxir dos demais homes, senón para achalos en Deus.

Realmente non hai soidade máis perigosa cá do home perdido na multitude, que non sabe que está só, nin funciona tampouco cama unha persoa no medio dunha comunidade.

O simple vivir en medio doutros homes non garante que vivamos en comuñón con eles, nin sequera que teñamos comunicación con eles. )Quen ten menos que comunicar có home masa? Con moita frecuencia, quen máis ten que dicir é o solitario; non é que use moitas palabras, pero canto di é novo, substancial, único. É propio del.

O simple vivir só non illa ó home; o vivir en sociedade non provoca a comuñón entre os homes.

Non hai verdadeira soidade, agás a soidade interior. E a soidade interior non é posible para ninguén que non acepte o lugar que lle corresponde en relación cos demais homes. A soidade non é separación.

                                        (Tomé Merton)

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Só se escoita a Deus na "brisa suave", non no ruído. Hai que facer silencio para buscar a Deus e levalo ó home.

Resúltache fácil ou difícil atopar a Deus? )Por que?

Que facer para serenarnos e atopa‑la paz?

ORACIÓN

Necesitamos, Señor, a túa misericordia,

porque é grande a nosa miseria

e só ti podes salvarnos.

Vivimos en tempo de crise,

nun deserto de humanidade,

e o noso corazón está enfermo.

 

Amargámono‑la existencia,

porque nos falta confianza

e prevalecen a violencia e a inxustiza.

Por iso, Señor, compadécete de nós,

que o teu corazón grande,

cure o noso corazón pequeno,

e poña corazón neste mundo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!