OS DATOS DO DÍA
Luns, 12 de Maio de 2025
LIBERARSE DO ABURRIMENTO. VIVIR CON ILUSIÓN

"Que aburrimento! Que leria! Outra vez o mesmo!" Sóanche esas frases?, en ocasións atopámonos sen saber ben qué facer, todo nos parece igual cada día; pero... ¡por favor!, se vivir é a cousa máis marabillosa que existe. O que facemos as persoas son sempre as mesmas cousas, pero os nosos sentimentos non. 

Cada día é unha festa se hai un aliciente que nos fai ver a realidade de maneira diferente: a ledicia que levamos dentro. Esta ledicia amence dentro de ti a cada instante e fai que mires todo con ilusión e optimismo. Proba e verás como cambia.

"Un mozo acudiu certo día á cela dun monxe ermitán que vivía só nas montañas e tiña fama de sabio. Preguntoulle qué facía para non aburrirse e que todos os días non lle parecesen iguais. 

Esta foi a resposta do monxe: "Olla no teu interior, pecha os ollos e observa todo o que teñas que facer hoxe e as persoas coas que teñas que relacionarte. Pensa niso con amor. Porque o aburrimento non está en que cada día fagamos o mesmo, senón en cómo o facemos. Se estás transformado e ledo por dentro, cun pouco de imaxinación todo o "vello" será "novo" cada día".

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Que podemos facer no día de hoxe para vivilo con ilusión, para que sexa distinto?

* Somos quen de pararnos a reflexionar sobre cómo facemos as cousas.

ORACIÓN

GRAZAS, SEÑOR, POLA VIDA

GRAZAS, SEÑOR, POLA ILUSIÓN,

GRAZAS, SEÑOR, POLA ESPERANZA,

GRAZAS, DE TODO CORAZÓN.


Grazas, Señor, por cada hora,

grazas, Señor, por cada flor,

grazas, Señor, porque agardamos

a que mañá brille o teu sol.


Grazas, Señor, polo sorriso,

grazas, Señor, pola calor,

grazas, Señor, por cada home

que aínda confía no amor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!