OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Setembro de 2025
UNIDOS PARA GAÑAR: PROXECTO DA CLASE

Choraba a nena os sete chorares. A pelota quedoulle retida entre as pólas dun frondoso plátano do paseo. Seu avó, home aínda moi forte e rufo, non sabía qué facer. O caso é que a árbore era baixa, mais o avó non tiña axilidade para agatuñar.

Pasou un rapaz duns oito anos.

 - Mira, neno, voute erguer a pulso; porás os teus pés sobre as miñas mans e collerás esa pelota.

 - Claro, señor, moi ben.

Dito e feito. A nena deixou de chorar ao momento. Era feliz coa súa pelota. A unión fai a forza.

Unha clase ten características distintas das outras clases, porque os seus membros (os alumnos) son diferentes. Unha clase unida traballa e divírtese leda. Un bo clima de amizade favorece a confianza e todos séntense apoiados. Fagamos con amor e con ilusión o noso Proxecto da clase.

  

            * Non se debe sentir ninguén marxinado na miña clase.

            * Non me rirei nin desprezarei a ningún compañeiro.

            * Estarei disposto a colaborar nas actividades comúns.

ORACIÓN

Todos xuntos, coas mans unidas,

guiados pola forza do amor,

cruzaremos as montañas e os outeiros

e faremos que brille un novo sol,

ollaremos máis estrelas lumieiras,

sentiremos que connosco está o Señor.

 

Se queres camiñar sendo ti mesmo

non te ates con cadeas para andar,

libérate de todo o que escraviza,

de todo o que non te deixa pensar.

 

Se ves alguén que sofre no camiño,

ten fame ou ten sede ou queda atrás,

non pares ata que siga contigo,

que todos xuntos temos que chegar.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!