OS DATOS DO DÍA
Venres, 19 de Setembro de 2025
APRENDE A VER A TELE

Douche uns cuantos consellos para aprender a ver a tele:
• Acende a tele para ver o que che gusta, non para ver o que che poñan. Hai nenos
que acenden a tele e póñense a mirala sen máis. Recoméndoche que antes de acender a tele, vexas a programación para ver qué é o que botan, e cando poñen o teu programa favorito. Para iso é bo mirar a guía de programación e pedir consello aos maiores, pais e profesores, sobre os programas máis bonitos para vós.
• Non vexas a televisión pola noite. Durmir é importante para estar espertos ao dia
seguinte. Hai persoas que ven a tele ata moi tarde (as 11’00 é unha hora moi tarde).
Lémbrote que os personaxes das series non teñen que madrugar ao día seguinte, nin
teñen que facer os deberes. Non son reais. En cambio, o teu si. É moi bo, por iso, non ver a tele pola noite, e descansar moi ben. Só así́, poderás estar esperto en clase, e divertirte cos teus amigos ao dia seguinte.
• Hai programas que non son para ti. Hai programas que non son divertidos, e outros
que son totalmente desaconsellables para os nenos de a vosa idade. As cadeas de
televisión son empresas que gañan diñeiro e producen máis de dúas mil horas de
programación cada día. É imposible velo todo, verdade? Non temos tempo. Por iso,
debemos seleccionar os programas que se fan para nenos coma vós. Estes son os máis educativos e entretidos. Como che dicía antes, non é bo que vexas moito a tele. Os amigos son de verdade moito máis divertidos.
Ben, amigos. Deséxovos que pasedes unha boa fin de semana. Se hai bo tempo, non o dubides: sae á rúa, divírtete cos teus amigos e os teus pais. Xa haberá́ tempo de estar na casa cando chegue o frío e o mal tempo do inverno.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

• Sabemos ver a tele?
• Cantas horas estamos diante da Tele?
• Que nos gusta máis: ver a tele ou xogar cos amigos, cos nosos irmáns...?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas porque nos regalaches o mundo máis bonito que existe. Grazas
porque é o único que temos e o que temos que coidar. Grazas pola nosa familia, amigos, compañeiros... queremos sempre coidalos e convivir con eles. Grazas Xesús.
deles.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!