OS DATOS DO DÍA
Xoves, 4 de Decembro de 2025
MARÍA É AGRADECIDA CON DEUS

Lectura do Evanxeo: Lucas 1, 46-55

 

María foi escollida por Deus para se-la súa Nai. Ela é consciente de que todo o que ten, todo o que é, é un regalo de Deus. Ela séntese amada e mimada por Deus.

Por iso non cala e proclama dende o máis profundo do seu corazón unha canción de agradecemento a Deus, cargada de ledicia e optimismo.

Considérase pequena e canta a Deus polas marabillas que realizou polo seu medio.

A nós concedéuno-lo Señor multitude de cousas boas e calidades. Pero moitas veces queixámonos e pómonos tristes cando as cousas non saen ó noso gusto. Énos máis fácil darlle gracias ó Señor cando nos saen ben as cousas.

Aprendamos de María: séntese amada por Deus e agradécello e comunícao ós demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Dás gracias a Deus cada día pola vida, polos teus pais, pola educación que recibes, polos amigos, por seguir a Xesús?

Sabes agradece-los pequenos detalles que che fan cun graciñas e un sorriso?

ORACIÓN

L. Ensínanos, María,

   a recoñece-las calidades que Deus nos deu.

T. Nai, que sexamos sempre agradecidos.

L. Dános sinxeleza de corazón

   para agradecer ó Señor

   todo o bo que cada día nos regala.

T. Nai, que sexamos sempre agradecidos.

L. Que non nos encha de orgullo

   o que somos quen de realizar

   senón o moito que Deus nos ama.

   Que comprendamos que canto facemos,

   é coa axuda do Señor.

T. Nai, que sexamos sempre agradecidos.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!