OS DATOS DO DÍA
Luns, 6 de Abril de 2026
REZAR É ALGO VITAL

Cando o Sabio convidou un home de negocios a practicar a oración, e este lle dixo que
estaba moi ocupado, a resposta do Mestre foi: Lémbrasme unha persoa que camiñaba
pola xungla cos ollos vendados e dicía que estaba demasiado ocupada por quitarse a
venda. Cando o home de negocios alegou a súa falta de tempo, o Sabio díxolle: É un
erro crer que a oración non pode practicarse por falta de tempo. O verdadeiro motivo é o
caos ou a especial axitación interior da mente, que non nos deixa ver claro para poder
atender o principal.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que é rezar? Cando, como e por que rezamos ou non rezamos?

ORACIÓN

Ensínanos, Señor, a respectar e escoitar os demais. Descúbrenos a importancia do
silencio, da oración e a meditación, da acción de grazas, da petición de perdón...
Ensínanos, Señor, a rezar ben o Noso Pai, como llo ensinaches aos teus discípulos.
Noso Pai.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!