OS DATOS DO DÍA
Luns, 6 de Abril de 2026
OS MILAGRES

Fixen un milagre -dixo Uxía-. ¿Un milagre? ¿Como? -preguntou Breixo.

            - Si, díxomo a señorita.

            - ¿Quen é esa señorita?

            - É unha moza que está moi enferma, anda en cadeira de rodas, e non pode facer nada ela soa. Só pode falar e rir e tamén pensar.

            - E, ¿como fixeches o milagre?

            - A señorita falaba dos milagres de Xesús e os nenos dixéronlle:

            - Non é verdade que haxa milagres, porque se houbese milagres Deus curaríaa a vostede.

            - E ela ¿que vos contestou?

            - O meu milagre, sodes vós.

            - ¿Por que? -respondémoslle.

            - Porque me levades a pasear os mércores, empurrando o meu carriño de rodas.

            A señorita dixo que habería moitos milagres, se a xente o quería.

            - ¿Gústache facer milagres? -preguntoulle Breixo.

            - Si -respondeu Uxía-. Teño ganas de facelos todos os días.

            Facer milagres é sinxelo. Observa os que te rodean. Preocúpate dos que tes máis preto de ti. ¿Que necesitan? Axúdaos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que milagres fixeches durante o curso que axiña remata?

Deixas que alguén faga milagres en ti?

Estás disposto a facer milagres durante as vacacións vindeiras?

ORACIÓN

Grazas Señor, por cada un de nós.

Grazas porque somos capaces

de pensar nos demais.

Graciñas porque podemos "facer milagres".

 

Pedímosche que nos axudes

a mirar os que viven á nosa beira,

que os axudemos nas súas necesidades.

 

Que saibamos estar ao seu lado

nos momentos difíciles da vida,

e que tamén nós nos deixemos axudar.

 

Dámosche  grazas porque Ti es bo

e sempre estás a carón de nós.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!