OS DATOS DO DÍA
Luns, 1 de Xuño de 2026
VISITACIÓN DA VIRXE (31 - V)

A festa da Visitación da Virxe María celébrase dende o século XIV. O relato do Evanxeo é moi sinxelo, e ímolo lembrar.

        Resulta que María, estando embarazada de Xesús, tivo noticias de que a súa curmá Sabela tamén estaba embarazada, e rapidamente preparou as súas cousas e botouse ao camiño para ir axudar á súa curmá, que vivía nunha vila distante en Xudea.

        Cando María chegou á vila saudou a Sabela. Esta ficou tan contenta de que a mesma Nai de Deus fose axudala e servila que o neno brincoulle no ventre, e Sabela exclamou a grandes voces:

        - ¡Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre! ¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!

        Aprendamos de María a ser servizais, a axudar os compañeiros, aínda que nos custe e nos teñamos que molestar un pouco.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Axudamos con frecuencia os compañeiros de clase, os pais e os amigos?

* Por que a xente cando se dedica aos demais é feliz?

ORACIÓN

Douche grazas, Señor,

porque es o Salvador dos homes.

Graciñas, Señor, porque sempre

animas, perdoas e confías

na nosa conversión.

Fai, Señor,

que sexamos fieis á túa Palabra,

que a escoitemos e a cumpramos.

Fainos, Señor, servizais

e que sempre saibamos

botar unha man a quen a precise.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!