OS DATOS DO DÍA
Luns, 1 de Xuño de 2026
APRENDER E EDUCARSE COMO PERSOAS


          Moitos viven pensando en cando chegará o fin de semana, ou as vacacións, para esquecerse do colexio e facer o que cada un lle dea a gana: quedar na cama ata que un queira (ou a nai o mande erguer), ver a “tele” cando me apeteza, saír cos amigos, ir xogar...

          Pero..., pensade cales serían as consecuencias se non viñésedes á clase e non tivésedes a oportunidade de estudar e educarvos que tedes agora, (Pódese invitar a que expresen esas consecuencias)


          En tempos de Xoán Bautista de La Salle, iso que nos parece, ás veces, o ideal, era o normal: os nenos non ían á escola, e os seus pais non se preocupaban por darlles unha educación. A ignorancia provocaba o feito de que os pobres nunca puidesen saír da súa situación de miseria, de que se aproveitasen deles, de que fosen manexados por reis e gobernantes sen escrúpulos... En ocasións levaba á delincuencia, como único xeito de saír adiante.

          Hoxe en día, en moitos países do terceiro mundo, moitos mozos e mozas non poden estudar porque non hai unha escola á que acudir; porque, se a hai, non a poden pagar; ou porque teñen que axudar na casa e non lles queda tempo para outra cousa.

          Entre nós todas estas situacións xa non se dan. Todos os mozos e mozas van a unha escola. Outra cousa é se aproveitan esa oportunidade para aprender e educarse como persoas responsables e cristiás.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como aproveito o tempo na clase, sabendo que é unha grande oportunidade?

Preocúpome só por estudar, por sacar boas notas, ou hai máis cousas que me preocupan?

Axudo os meus compañeiros da clase cando teñen algunha dificultade e eu sei resolvela?

ORACIÓN

Ao comezar o noso traballo,
Elevamos as nosas miradas cara a Ti
Porque es o noso Pai.

Espéranme os meus libros,
As horas de estudo e de clase.


O esforzo que hei de facer
Paréceme unha montaña que hei de escalar.
Comprendo que só os esforzados
Terán a recompensa polas súas fatigas,
A satisfacción do deber cumprido.

Dáme, Señor,
O empuxón que necesito
Para facer con alegría a escalada.


Que venza o cansazo e o aburrimento,
Que non sexa un peso inútil para os demais,
Que contaxie a ilusión
Por un constante ir “máis arriba”.

Señor, que descubra de verdade
Que merece a pena o esforzo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!