OS DATOS DO DÍA
Luns, 2 de Decembro de 2024
MARÍA NO FOGAR DE NAZARET

Lectura do Evanxeo: Lucas 2, 42-45

 

Xesús viviu no fogar de Nazaret, con Xosé e María. A sagrada familia queda constituída como unha familia aparentemente normal e corrente. Nela as cousas desenvólvense de maneira normal. Xesús está baixo a autoridade dos seus pais. María e Xosé, manteñen a unión entre todos.

Cada un, traballando no que lle corresponde, cumpre coa vontade de Deus. María traballa en todo o referente á casa. E ó traballo engade amor. Ela foi elixida para traer ó mundo a Xesús e ocuparse del, e faino con toda dedicación.

O noso traballo en familia, no colexio, etc. tamén é importante para cumpri-lo querer de Deus. Con el formámonos para axudar ós demais no futuro e, os nosos pequenos actos de servicio ós demais, póñennos en camino do que Xesús e María fixeron en Nazaret.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Estamos dispostos para axuda-los demais de maneira concreta?

Facémolo na casa, no colexio e en tódolos sitios?

Tomámonos en serio o noso traballo no estudio?

ORACIÓN

L. Vimos a ti, María,

     para ofrecerche o noso traballo;

     o traballo que nos cansa e aburre a cotío;

     o traballo monótono e pesado de cada día.

T. Nai, Que poñamos amor no noso traballo.

L. Ofrecémoscho porque nos custa,

   conscientes de que paga a pena.

T. Con el queremos, Nai, cumpri-la

     vontade do teu fillo, Xesús.

L. Pedímosche, María,

   que nos axudes a traballar coma ti,

   a non ter medo ó difícil

   e pór amor no que facemos.

T. Mantén a nosa ilusión no traballo e o esforzo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!