OS DATOS DO DÍA
Martes, 3 de Decembro de 2024
MARÍA Á ESCOITA DA PALABRA DE DEUS

Lectura do Evanxeo: Lucas 11, 27-29

 

María é ditosa porque escoita a Palabra de Deus, porque é Nai de Xesús. Pero é máis ditosa aínda porque escoita a Palabra de Deus, gárdaa no seu corazón e cúmprea.

Deus quixo que tamén nós dispoñamos da súa Palabra escrita na Biblia. Coñecemos de maneira especial os feitos e ditos de Xesús; relátannolos os Evanxeos. Neles está a mensaxe de vida e de esperanza para todos.

Nós somos ditosos tamén, como María, cando escoitamos esta Palabra e a tomamos como norma da nosa vida. Porque esta Palabra de Deus está sempre viva e responde ás necesidades dos homes.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Lemos e escoitamos a cotío a Palabra de Deus?

Meditámola e gardámola no noso corazón como María?

Facemos dela a norma da nosa conducta?

ORACIÓN

L. Alegrámonos, María, porque criches,

   porque es Nai de Deus.

   Aledámonos porque soubeches gardar

   e conserva-la Palabra de Deus

   no teu corazón.

T. Nai, que saibamos escoitar

    e cumpri-la palabra de Deus.

L. Alegrámonos porque a través de ti

   nos veu Cristo;

   porque es Nai nosa,

   porque es ponte que nos leva ata Deus.

T. Nai, que aceptémo-la palabra

     do teu fillo nas nosas vidas.

L. Alegrámonos, Nai, e somos felices contigo.

   Axúdanos a crer, a ter confianza en Deus,

   a cumpri-las súas palabras.

T. Aumenta a nosa fe.

     Fai que creamos sen dubidar

    e actuemos en consecuencia.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!