OS DATOS DO DÍA
Luns, 3 de Febreiro de 2025
HISTORIA DA CONSTANCIA

Está ben ser diferentes. Deus creounos, mirounos, sorriu e viu que estabamos
moi ben. E isto é, en contra do que nos queren vender: uniformar a nosa imaxe.
O que nos dita a sociedade de consumo vai en contra da orixinalidade de Deus.
Defendemos a nosa orixinalidade, a beleza do diferente. Contemplamos o que
nos rodea, a quen nos rodea e gozamos da variedade que Deus sementou.
lembra que os últimos días do curso teñen moitísima importancia. Está ben ser
diferente. Está ben ter distinto pelo. Está ben ser de diferente cor. Está ben non
ver como os demais, ou non ver. Está ben ter rodas. Está ben que che falte un
dente, ou dous, ou tres.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Canción: “De que cor é a pel de Deus?”

ORACIÓN

Dámosche grazas Bo Pai Deus, polos nosos ollos que nos permiten ver, as nosas
mans coas que acariñamos, tocamos, collemos..., o noso nariz que capta olores,
a nosa boca que fala, conta e canta, os nosos oídos que nos traen todos os sons,
e pola nosa pel que sente o frío, a calor, o abrazo e o bico. Moitas grazas Bo
Deus

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!