OS DATOS DO DÍA
Martes, 4 de Febreiro de 2025
QUE FAN OS IRMÁNS

como naceron os Irmáns de La Salle. Hoxe vou intentar contarvos algunha
cousa das que fan, aínda que seguro que máis dunha vez contáronvolo.
Se vedes algún por aí, preguntádelle a ver se o que eu vos digo é certo... de
acordo?
Pois imos a iso. O Irmán axuda os nenos e mozos a facerse persoas. Quere que
sexan, entre os demais, como o sal entre os alimentos, que non se ve, pero
fainos mellores. E isto é o que quere Xesús. O Irmán ensina os nenos e mozos
que Xesús é o noso amigo. E que todo o ben que facemos é porque Xesús vive
entre nós; é como o bacelo, que dá bo froito porque está unido á vide. O Irmán
xoga cos pequenos porque Xesús dixo: “Se non sodes coma os nenos, non
entraredes no ceo”. Pois nada, aí tedes unhas cantas cousas. Feliz día a todos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que credes que todo o que realizan os Irmáns fano con nenos e mozos?
Que lle pediriades aos Irmáns de La Salle?

ORACIÓN

Amigo Xesús, hoxe de novo, dámosche grazas por todos os Irmáns de La Salle,
pero tamén queremos darche grazas por todos os que fan realidade o proxecto
de La Salle: profesores, irmáns, alumnos, pais... Sen dúbida, que sen todos eles,
os colexios de La Salle non poderían funcionar e non poderiamos aprender e
crecer como persoas e como cristiáns. Por todos eles, grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!