OS DATOS DO DÍA
Luns, 3 de Febreiro de 2025
DÍA DOS LEPROSOS (31-I)

Este día é unha xornada coa intención de considera-la enfermidade coma un feito que require determinadas atencións e que non deixe marxinar ó enfermo.

Esta xornada foi instituída por Raoul Follerau.

Existe un club, chamado Mozos amigos dos leprosos. Este club realiza unha intensa actividade a prol dos enfermos.

Raoul Follerau

Naceu en Francia en 1903. Pertencía a unha familia egrexia e industrial. Foi poeta, escritor e periodista. Ós 23 anos apareceu o seu nome nas carteleira do teatro. Dende 1933, a raíz do coñecemento fortuíto dos leprosos do Níxer, dedícase enteiramente a eles. Viaxa, visita personaxes importantes para pedirlles axuda para eles.

Raoul viviu feliz facendo felices os demais.

 

 
PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que che di este home, que tendo na súa man os medios para

vivir feliz a soas, sen embargo dedica a súa intelixencia,

as súas riquezas, a súa vida para facer felices ós demais?     

Coñeces algunha persoa que padeza esta enfermidade?

Sabes en que consiste esta doenza? 

Que podemos facer por estes enfermos?                  

ORACIÓN

Graciñas, Señor,

polos que dan a súa ledicia ós tristes,

polos que dan ánimos ós desanimados.

Graciñas, Señor,

polos que acompañan os solitarios,

polos que curan os enfermos,

polos que ensinan os que non saben.

Graciñas, Señor,

por todos aqueles que saben,

que hai máis ledicia en dar

que en recibir.

Graciñas, Señor,

por non facerte irmán de todos,

por amarnos a todos con paixón.

Graciñas, Señor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!