OS DATOS DO DÍA
Martes, 4 de Febreiro de 2025
A PRESENTACIÓN DO SEÑOR (2-II)

Hoxe celébrase na Igrexa Igrexa a presentación de Xesús no Templo de Xerusalén. Sabes como era isto?

Segundo a tradición dos xudeos, dende a época de Moisés, todo israelita debía ofrecer ó Señor o primeiro parto dos seus animais, as primicias das súas colleitas e o primeiro fillo varón da súa familia. Era unha forma de recoñocer a Deus como único e auténtico Señor do pobo. Unha maneira de lembrar que Deus está presente na historia diaria do pobo, axudándolle e dándolle todo o que ten.

Tamén se coñece nos nosos pobos esta festa como o día das Candeas porque tódolos cristiáns nos vemos reflectidos en Ana e no vello Simeón que ó ser presentado por Xesús no Templo recoñecérono como luz do mundo.

Xesús na súa Palabra convídanos a acender hoxe unhas candeas novas que non son de cera senón que son as luces brillantes de axuda ós demais, do compartir e do amor ós que viven preto de nós e sobre todo ós máis necesitados. A Deus imos encontralo só se somos quen de descubrilo no noso próximo.

Así, Xesús será luz do mundo.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Considéraste cristián só porque vas á misa os domingos?

Cambia en algo a túa vida diaria os teus estudios o teu tempo libre da fin de semana... saber que Xesús está no pobre e no que necesita a túa axuda?

ORACIÓN

Xesús, non tes mans.

Tes só as nosas mans para construír

un mundo onde habite a xustiza.

Xesús, non tes pés.

Tes só os nosos pés para pór en marcha

a liberdade de amar.

Xesús, non tes beizos.

Tes só os nosos beizos para anunciar

polo mundo a Boa Nova dos pobres.

Xesús, nós sómo-lo teu Evanxeo,

o único Evanxeo que a xente pode ler,

se as nosas vidas son obras e palabras eficaces.

Xesús, dáno-la túa forza do teu Espírito

para desenvolve-los nosos talentos

e facer ben as cousas de cada día.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!