OS DATOS DO DÍA
Luns, 10 de Marzo de 2025
DE VIVIR PARA MIN A VIVIR PARA OS DEMAIS

Chamábase Anxo e foi un auténtico anxo para os seus dous compañeiros de escalada. 

Foron á serra para escalar un alto picouto. Os seus dous amigos escalaban mentres el lle facía fotos dende abaixo. Xa ao escurecer sufriron os dous unha desgraciada caída de 20 metros. Anxo emprendeu unha veloz carreira ao posto de Garda Civil máis próximo en busca de socorro para os seus compañeiros. 

Deu o aviso e regresou á montaña. Pero foi tal o esforzo e esgotamento que, a pesar dos seus 18 anos, os pulmóns non lle resistiron e caeu morto, extenuado, ao chegar ao sitio onde estaban os seus dous compañeiros, un moi gravemente accidentado.

O auxilio chegou a tempo para salvar ambas as vidas, grazas á rápida reacción de Anxo.

Esta é unha historia real, un xesto heroico que aumenta a nosa confianza nos homes, na mocidade, capaz de facer o maior esforzo, de dar a vida polos amigos.

A nós non se nos pide tanto, pero se hoxe estamos dispostos a botar unha man ao compañeiro realmente estamos vivindo para os demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Existe a verdadeira amizade? Cales son as súas características?

* Pensemos como podemos demostralo hoxe.

ORACIÓN

Se tes bos amigos loa a Deus,

pois a amizade é un tesouro.

Ser amigo é facer sempre o ben.

A amizade vén de Deus,

e a Deus ha de volver.


¡Que bo é saber amar!

Unha boa amizade 

é máis forte cá morte.

A amizade é coma unha canción.

A amizade fai vivir o corazón.


Xesús, axúdanos a ser amigos,

que abramos o noso corazón

a todos os alumnos da clase,

pois Ti es amigo de todos.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!