OS DATOS DO DÍA
Martes, 11 de Marzo de 2025
DE PENSAR EN MIN A PENSAR NOS DEMAIS

 Hai xa 20 anos, en París, un mozo chamaba ansioso a unha porta sobre a que se podía ler este cartel:

"Calquera que teña necesidade, chame a esta porta. Aquí vive un pobre home disposto a botar unha man a quen poida necesitalo"

- Padre, veña comigo. Xunto á miña casa un home intentou suicidarse. Non está morto aínda. 

Ao cabo duns minutos, o Padre Pierre atopouse cun expresidiario. Unha vez en liberdade, despois de vinte anos de cadea, tivera a ocorrencia de preguntarse:

- A quen lle importa que eu siga vivindo?

E non atopou un motivo para seguir vivindo.

O Padre Pierre non lle dixo o de sempre: "Vouche botar unha man, atoparemos unha solución". Todo o contrario. Moveuno con violencia e díxolle: 

     - Desgraciado. Non podo darche nada! Traballo de noite polas xentes sen teito e polos nenos enfermos. Eu tamén estou enfermo e non podo máis. Quéresme axudar? Antes de matarte, queres botar unha man a toda esa xente que espera?                 

O home encontrou unha razón para seguir vivindo: axudar os demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Estamos de acordo coa frase: a razón de vivir son os outros?  Por que?

* Como a podemos facer realidade na nosa vida?

ORACIÓN

Cada amencer, Señor,

acórdome do teu mandamento de amor

e lánzome a poñelo en práctica.


Cada mañá, quero recomezar

o meu compromiso de ser mellor.

Cada mañá, decátome do difícil 

que é axudar sen reservas aos outros.


Coa túa axuda, Señor,

e a dos meus compañeiros,

quero, neste día, poñelo mellor 

da miña persoa e mocidade 

ao servizo dos demais.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!