OS DATOS DO DÍA
Luns, 10 de Marzo de 2025
SAN XOÁN DE DEUS (8-III)

Xoán de Deus foi un home inquedo. Din que estando en Granada, despois de vivir unha vida aventureira, foi un día a misa a unha igrexa de ricos e de xente ben. A prédica do cura, que era san Xoán de Ávila, impresionouno tanto que lle tocou o corazón e viuse a si mesmo como culpable do mal que había no mundo.

Xoán de Deus comprendeu a realidade da pobreza no mundo: hai pobres porque hai ricos, hai dor porque hai só uns poucos os que gozan de tódolos praceres, hai fame porque algúns tiran comida, hai guerra porque algúns enchen os bolsillos fabricando e vendendo armamento.

Xoán de Deus vese a si mesmo entre eses poucos que o teñen todo e que dun xeito ou outro quitáronlle-la vida ós que non teñen nada. A súa reacción foi tallante, deixouno todo e botouse ás rúas de Granada para axudar a vivir con dignidade os pobres e os despreciados da sociedade.

Perdeu o medo a achegarse ó marxinado e encontrou así a Xesús. Atendeu sobre todo os enfermos mentais, os tolos, e dedicoulles toda a súa vida con moito amor. A mensaxe da súa vida é o amor, o mesmo cá do Evanxeo. Amando serás feliz. Compróbao.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que opinión tes dos enfermos?

Só che dan mágoa?

E os enfermos mentais?

Valoras a vida de entrega e paciencia dos que os coidan?

ORACIÓN

Señor Deus, Pai de todos.

Que bo exemplo o de Xoán de Deus!

Que gran labor social o que realizan

os Irmáns e Irmás Hospitalarios!

Dámosche gracias pola súa vocación.

Que siga habendo mocidade capaz

de dedica-la súa vida ó mesmo ideal.

Pedímosche polos enfermos.

Sanda os seus corpos.

Enche de luz os seus corazóns.

Que descubran o valor redentor da dor.

Pon, a carón dos seus leitos,

persoas que irradien paz,

confianza, aprecio e acollida.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!