OS DATOS DO DÍA
Martes, 11 de Marzo de 2025
ENTRA EN TI MESMO
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

C O R E S M A

Xove, ti, calquera que sexas, déixame que che faga unhas preguntas neste día.

Atréveste a entrar no misterio de ti mesmo? Mira, ás veces os grandes misterios, os misterios que levamos dentro son os misterios que ninguén nin nunca coñeceremos. Sábe-lo que habita dentro de ti? )Habitas ti ou estás habitado polas cousas? Hai veces que nos atopamos tan estraños na nosa casa que non sabemos por que. E, en realidade é que outros habitan a casa e botaron da casa o verdadeiro dono, por iso nos sentimos estraños.

Hai que aprender que o home ten dentro de si unha fonte que non descubriu. Canto máis saes fóra, canto máis te descentras de ti mesmo, menos camiñas cara á verdade. Entra no segredo, dentro de ti, atoparás sorpresas.

Unha cousa máis: cando teñas entrado, ó mellor descobres que hai unha compañía que non che estorba e que che dá, pola contra, inmensa ledicia e forza: Deus.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Coñéceste a ti mesmo?

Que cousas enchen agora a túa vida?

ORACIÓN

Señor, desde o deserto das nosas tentacións

elevámo-lo noso corazón cara a Ti.

Sentimos fame de ter cousas e máis cousas,

axúdanos a alimentarnos do pan

da túa Palabra para que te sintamos preto.

 

Sentimos tamén desexo de mandar.

Dáno-lo teu Espírito para que nos faga

capaces de servirte a Ti

e ós que están preto de nós

cun corazón novo.

 

Dáno-la humildade de Xesús

para sentirnos pequenos nas túas mans,

e serviciais cos que viven ó noso redor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!