OS DATOS DO DÍA
Mércores, 12 de Marzo de 2025
TENTACIÓN DA SOBERBIA
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

C O R E S M A

"Eu: Deus". Sen dúbida a primeira e máis importante fonte de tentacións e caídas para o home. Por soberbia colleron Adán e Eva a mazá: soberbia en estado puro, a que quere ocupa-lo posto de Deus.

Hai soberbias máis "humildes" que se conforman con ocupar un alto cargo entre os homes ou un montón de aplausos que agraden os seus oídos. Soberbia ou o desexo de dominar, de prevalecer, de destacar, de brillar.

Soberbia ou paixón polo poder, sen limitacións. Soberbia ou o soño de ser admirado e servido por todos. Soberbia ou a ambición de ser como Deus.

)Decatámonos  do foco de tentacións que esta raíz ofrece? )Ou é que non buscamos todos algún poder ou algunha admiración a algunha autosatisfacción? Hai incluso soberbias disfrazadas. Ás veces os que parecen máis humildes ocultan unha soberbia máis refinada.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Maniféstaste ante os demais tal como es?

Vives desde a aparencia?

Que note te pos en fachenda?

ORACIÓN

Só poden servi-los humildes e sinxelos.

Os soberbios, os que poden moito,

os fachendosos e empoleirados

non poden servir.

Son demasiado importantes.

Non poden agacharse a lava-los pés.

Teñen moito que dicir e ensinar.

Non teñen nada que aprender.

Teñen cousas importantes que facer.

 

Señor, fainos, coma Ti,

humildes e sinxelos de corazón.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!