OS DATOS DO DÍA
Xoves, 13 de Marzo de 2025
TENTACIÓN DO TER, RETER E ACAPARAR
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

C O R E S M A

Avareza, ou a paixón polo ter, o reter, o acaparar. A avareza téntanos co brillo do ouro, co poder dos cartos, coas portas abertas de tódolos paraísos. É a tentación do consumo, que hoxe nos seduce e nos fascina poderosamente.

)Hai quen dubide que o ter é hoxe e foi sempre unha das forzas que moven o mundo? Pois que pregunte as razóns polas que a xente traballa, loita, xoga, súa, móvese, gástase; pregunte polos seus obxectivos e os seus soños; pregunte por que non lle gusta compartir; pregunte as razóns últimas de tanta guerra e tanta discordia.

O ter é hoxe un dos ídolos máis venerados, o becerro de ouro, e a súa relixión é o consumismo. O poder e o ter danse amigablemente a man. "A raíz de tódolos males é o amor ó diñeiro" (1Tim 6, 10).

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Vivimos nunha sociedade consumista. Ti, úsa-lo que necesitas ou malgastas?

Acumulas moitas cousas?

Pos a ilusión no ter ou no ser?

ORACIÓN

Queremos un mundo novo

de esperanza, de amor.

Pero a realidade é ben distinta:

uns que nadan na abundancia

e outros que non teñen case nada.

 

As nosas cidades están rodeadas

de amplas zonas de miseria,

onde homes, mulleres e rapaces

malviven en extrema pobreza.

 

Señor, apréndenos a ser,

a vivir con poucas cousas,

a ser desprendidos e solidarios,

a compartir co que non ten.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!