OS DATOS DO DÍA
Martes, 11 de Marzo de 2025
UNHA CARTA PARA XOAN BAUTISTA

Ola amigos, bos días a todos: seguro que recordades o que reflexionamos o
último martes lasaliano. Si, Xoán Bautista foise lonxe, moi lonxe de París a un
lugar marabilloso, en plena montaña, rodeado de árbores e flores que se chama
PARMENIA. Alí, Xoán Bautista pensou, reflexionou, estivo tranquilo... mesmo
axudou ás xentes que vivían alí e ensinoulles a ler e escribir.
Ao irse sen avisar, os Irmáns quedaron coa boca aberta, e deciden escribir unha
carta a Xoán Bautista. Envíanlle unha carta e obrígano a volver e a poñerse á
fronte das escolas, como o gran mestre, como o director das mesmas. Só queren
ter como xefe a Xoán Bautista de La Salle porque é unha persoa boa e
demostroulles que os quere.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que che parece o que fixeron os Irmáns?
Cal cres que será a resposta de Xoán Bautista?

ORACIÓN

Amigo Xesús, neste novo día que comeza, dámosche grazas pola vida que nos
regalaches, pola natureza, pola oportunidade de aprender unha vez máis.
Dámosche grazas por Xoán Bautista, porque nos segue marcando o camiño para
coñecerte moito mellor. Queremos ser amigos teus e de Xoán Bautista.
Queremos facer do noso mundo un lugar grande, habitable, onde todos nos
respectemos e compartamos o que somos e temos. Grazas Xesús. Grazas Xoán
Bautista.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!