OS DATOS DO DÍA
Mércores, 12 de Marzo de 2025
PODÉDESME AXUDAR

Darío sempre tivera problemas na escola. Custáballe facer as cousas máis que aos seus
compañeiros e compañeiras. Non lía ben, equivocábase na escritura, as sumas e restas
non lle saían... Algúns nenos ríanse del e Darío sentíase moi mal. Cando os demais
nenos tiñan traballo, o profesor levábao á súa mesa para axudalo a ler, a escribir e a
facer as operacións. Pero Darío, aínda seguía tendo problemas, ás veces viña outra
profesora para axudalo ou levábao a outra aula. Os seus compañeiros, non o trataban
ben, porque sentían celos del, xa que sempre o profesor o axudaba a facer as cousas.
Darío atopábase cada vez máis só. Un día cando Darío se foi de clase, o profesor

explicou aos demais nenos que cando alguén ten un problema ou unha dificultade había
que axudalo. Tamén fixo que os alumnos pensasen que eles tiñan algún problema e
pregúntolles se lles gustaría que se risen os compañeiros. Os nenos pensaron e
sentíronse avergoñados pola súa actitude e desde ese momento decidiron axudar a Darío
a facer todas as tarefas de clase.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que está triste Darío? Ti axudas a quen o necesita?

ORACIÓN

Todos sabemos que o valor da xustiza é moi importante
en calquera parte do mundo. Nós desde a nosa clase, querémoslle pedir ao Señor que
nos axude a ser máis xustos cos demais e que non nos deixe caer na tentación de ser
inxustos, insolidarios. Que nos axude a descubrir a axuda gratuíta, é dicir, o non recibir
nada a cambio das nosas accións.

 

Señor, queremos pedirche que, como hoxe falamos na nosa reflexión da xustiza, nos
fagas ser mellores persoas e que esa melloría poidamos demostrala axudando o noso
próximo e que por esa axuda non esperemos nada a cambio, senón que saibamos
sentirnos ben só vendo como os demais se senten mellor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!