OS DATOS DO DÍA
Luns, 31 de Marzo de 2025
PLÁTANO

Bos días amigos. Hoxe a froita que nos toca é o plátano. Si, o plátano... a algún
vexo que se lle fai a boca auga: algún almorzou froita hoxe? Pois hai que
aproveitar, é o mellor alimento e o que nos vai facer crecer máis... O plátano
din que é símbolo da forza, da constancia, do esforzo... Hoxe podemos facer
realidade estas características do plátano: traballar con forza, esforzarnos, ser
constantes no que facemos: atréveste? Pois feliz día, e feliz Pascua, porque
Xesús está vivo e triunfou.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como podemos traballar con forza e esforzarnos?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas polo novo día.
Axúdanos e dános forzas para traballar e aprender moito. Que sexamos
constantes nos nosos traballos e evitemos, neste día, distraernos... Grazas
Xesús, porque nos convidas a seguir crecendo. Grazas.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!