OS DATOS DO DÍA
Martes, 1 de Abril de 2025
XOÁN BAUTISTA FAISE MAIOR

Hoxe quero compartir contigo como a
vida de Xoán Bautista foi moi longa, porque fixo moitas cousas, e moitas
cousas boas. Pero, como todos, aos poucos íase facendo maior. A pesar de
facerse maior, gustáballe moito estar sempre cos nenos, xogar con eles, ensinar
os que máis dificultades tiñan, consolar os que choraban e tiñan problemas.
Chega un momento na súa vida é que se sente enfermo, con poucas forzas, pero
está contento porque coa súa vida axudou a moitos nenos e mozos a realizar o
seu proxecto de facerse homes e cristiáns.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que cres que Xoán Bautista, a pesar de estar maior e enfermo, se sentía
contento?

ORACIÓN

Amigo Xesús: sentímonos felices porque o exemplo de Xoán Bautista
axúdanos a seguir cara a adiante. Queremos loitar para ser moi boas persoas,
para estudar e traballar todo o que poidamos, para que cando sexamos grandes,
todos gocen do que poidamos compartir. Grazas Xesús, porque nos segues
convidando a ser felices. Nós aceptamos a invitación. Que ao longo do día o
demostremos. Grazas Xesús. Grazas Xoán Bautista.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!