OS DATOS DO DÍA
Xoves, 3 de Abril de 2025
PAPAIA

Bos días a todos. Hoxe tócanos unha froita rara. Chámase PAPAIA: tedes oído
falar dela? Imaxínome que non. É unha froita que se dá en países onde hai
unha temperatura agradable durante todo o ano. Ten moitas propiedades
medicinais. En moitos países do sur de América chámana a froita da alegría,
porque está presente en moitas festas, celebracións, convites... Hoxe, a
invitación é a estar alegres, pero non por estar alegres sen máis, senón estar
alegres porque nos sentimos satisfeitos co traballo ben feito, co silencio que
logramos facer, obedecendo os nosos profesores... Seremos capaces de facer
realidade este tipo de alegría? Feliz día e intentémolo.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que cousas temos que ter en conta para facer realidade este tipo de alegría?

ORACIÓN

Amigo Xesús, dámosche grazas porque nos convidas a vivir alegres, pero non
alegres sen máis, senón como persoas que cumpren coa súa obrigación e se

senten contentas por facelo. Se somos capaces de poñer todos algo da nosa
parte, seguro que o conseguimos. Grazas, Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!