OS DATOS DO DÍA
Luns, 14 de Abril de 2025
A Paz comeza cun Sorriso, Madre Tareixa

A Madre Tareixa de Calcuta ensinounos, co seu exemplo, a vivir autenticamente a paz. Fundadora das Misioneiras da Caridade, foi testemuño vivo de amor, entrega e servizo aos "máis pobres entre os pobres". Frases importantes:

• ‘A paz e a guerra empezan no fogar. Se de verdade queremos que haxa paz no mundo, empecemos por amarnos uns a outros no seo de nosas propias familias. Se queremos sementar alegría en derredor noso precisamos que toda familia viva feliz.' • 'O froito do silencio é a oración’. ‘O froito da oración é a fe’. ‘O froito da fe é o amor’. ‘O froito do amor é o servizo’. ‘O froito do servizo é a paz.'

• Nesta celebración o noso signo será un instrumento. Atopar a paz desde o interior de cada un de nós. O instrumento está no noso corazón onde habita o amor de Deus. Sexamos pois, instrumentos de paz, para que reine o amor entre todos nós. 

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Construímos un instrumento que simboliza que nós queremos ser instrumento de paz para nós mesmos e para os demais. 

 
ORACIÓN

Palabra de Deus:

• Mateo 5, 9

• «Benaventurados os que traballan pola paz, porque eles serán chamados fillos de Deus».

• Palabra de Deus

• É importante coidar a paz. Todos somos instrumentos de paz cando coidamos os demais, cando perdoamos os compañeiros, etc. • Cada un de nós somos un instrumento de paz. Debemos lembrar que para facer soar este instrumento debemos coidar os demais, compartir, perdoar...para que brille sempre a paz entre nós.

• Terminamos a celebración rezando todos xuntos esta Oración pola paz de San Francisco de Asís:

• Oh, Señor, faime un instrumento da túa paz.

• Onde hai odio, que leve eu o amor.

• Onde haxa ofensa, que leve eu o perdón.

• Onde haxa discordia, que leve eu a unión.

• Onde haxa dúbida, que leve eu a fe.

• Onde haxa erro, que leve eu a verdade.

• Onde haxa desesperación, que leve eu a alegría.

• Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!