OS DATOS DO DÍA
Martes, 15 de Abril de 2025
A AVOA AGARIMOSA

Unha sinxela avoíña tiña a todos sorprendidos polo seu bo carácter, xa que sempre se mostraba moi agarimosa e emanaba ao seu redor un clima de tenrura e afecto. Tanto era así que un día os seus veciños preguntáronlle polo segredo de que sempre se atopase tan alegre, de que nunca se enfadase, de que sempre ofrecese sorrisos, boas palabras e agarimo. A señora, fitándoos, díxolles que era un traballo de todos os días, que cada mañá pensaba que era mellor estar agarimosa que enfadada, e que xa non estaba para cambiar de gustos ou actitudes.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Parecémonos á avoa agarimosa?

Imos pola vida sementando alegría ou tristeza, optimismo ou pesimismo, eloxios ou insultos?

ORACIÓN

Rezamos xuntos un AVE MARÍA e pedímoslle a María que nos acompañe ao longo deste día: Ave María, chea de graza o Señor está contigo, bendita es ti entre todas as mulleres e bendito é o froito do teu ventre, Xesús. Santa María, Nai de Deus, roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!