OS DATOS DO DÍA
Luns, 28 de Abril de 2025
Un grande agasallo

Bos días! Que tal día fai hoxe? Chove? Fai sol? Algunha vez pensastes na sorte que temos ao ter un agasallo tan bonito como a Natureza. O poder pasear por un parque, un bosque ou pola praia. O poder ver unha gaivota, ou un golfiño... Pero hai que coidala. Igual que non nos gusta que os nosos xoguetes se rompan, é importante que coidemos a natureza para poder seguir gozándoa moitos anos. Hoxe imos ver un vídeo que nos ensina o bonita que é a Natureza e o moito que hai que coidala. Ánimo no día de hoxe!

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que podemos facer nós para coidar a Natureza?

ORACIÓN

Noso Pai, que estás no ceo, santificado sexa o teu Nome; veña o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido e non nos deixes caer na tentación, máis líbranos do mal. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!