OS DATOS DO DÍA
Martes, 29 de Abril de 2025
Valse de primavera de Senneville

Ofrecémosvos unha canción de música clásica que nalgunhas webs indican que pertence a Chopin, pero non é así. É unha obra de Paul Senneville composta en 1987.
Paul de Senneville (30 de xullo de 1933) é un famoso produtor e compositor francés. Foi o fundador de Delphine Software (que toma o nome da súa primeira filla) e xunto con Oliver Toussaint, mánager de Richard Clayderman, para quen compuxo varios temas. Traballou con artistas franceses como Mireille Mathieu, Michel Polnareff, Dalida ou Claude François e especialmente Richard Clayderman, para o que compuxo a obra que o lanzou á fama: Ballade pour Adeline (o nome da segunda filla de Paul, Adeline). Desde entón, tocando a música de Paul, Richard Clayderman converteuse no artista francés co maior récord de vendas do mundo. De feito, 100 millóns de discos vendéronse en 57 países diferentes, gañando 290 discos de ouro e 90 de platino. Como se está acabando o tempo de primavera ofrecémosvos hoxe este Valse de Primavera cunhas bonitas imaxes de flores. Goza do día de hoxe!

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

• Seguro que vos destes conta. Se é un músico, que fai creando un "software", é dicir, un programa de ordenador? Pois moi sinxelo: Paul, nada satisfeito dos videoxogos que tiña a súa filla, decidiu crear os seus propios. Que vos parece?

ORACIÓN

Grazas, meu Deus, pola música e a poesía, • que transmiten o amor para alimentar a alma.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!