OS DATOS DO DÍA
Mércores, 30 de Abril de 2025
MORRE SAN XOÁN BAUTISTA DE LASALLE

Bos días a todos: hoxe queremos descubrir algo máis sobre Xoán Bautista.
Hoxe, teño que contarvos que o 7 de abril de 1719, Xoán Bautista morría
rodeado dos seus Irmáns, de todos os Irmáns que continuaron o seu camiño. Si,
xa hai moito tempo... pero durante os anos que pasaron, a Igrexa recoñeceu na
súa persoa, que podemos ser felices como o foi Xoán Bautista de La Salle. Por
iso, fixérono Santo e hoxe é: San Xoán Bautista de La Salle. Hoxe, lembramos
que, ademais de ter a sorte de ter un gran amigo, que é Xesús de Nazaré, que
sempre está ao noso lado; tamén temos outro amigo xunto a Xesús, San Xoán
Bautista de La Salle, que xuntos coidan de cada un de nós.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cres que Xoán Bautista pode ser un dos nosos mellores amigos? Como pode
ser iso?
Como se sentiría Xoán Bautista se volvese hoxe ao noso cole e o nos vise aquí
na clase? Por que?

ORACIÓN

Grazas Xoán Bautista porque nos regalaches un montón de cousas. Grazas
porque o teu corazón segue vivo dentro do corazón de todos os que te
queremos. Grazas polo esforzo de crear os colexios La Salle, porque hoxe, nós,
podemos gozalos e sentirnos como na casa. Grazas polos nosos educadores,
polos nosos pais... grazas por convidarnos a ser lasalianos. De corazón, grazas.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!