OS DATOS DO DÍA
Luns, 28 de Abril de 2025
OS QUE NON CONTAN

Falemos do asunto ao revés, é dicir, dos que si contan.


          Tomemos unhas revistas, ou os xornais, ou a televisión. ¿Quen son os que contan, os que valen? Os famosos, os ricos, os poderosos, os políticos, os mozos e guapos, as mellor vestidas, a que leva unha xoia así ou asá... Este é o conxunto dos homes e mulleres que contan.

 
¿E os que non contan?


          Como sempre, os inútiles, os desgraciados, os vellos, os que non producen e non consomen, os enfermos... E o importante é que tanto uns coma os outros son persoas. Pero non son persoas iguais.


Lembramos a La Salle.


          El era un home claramente do grupo dos que contan... Eran un home ben, con estrela e futuro. Nalgunha ocasión puido ter contacto cos que non contaban, cos pobres e miserables, sobre todo nenos. E rompéronselle os esquemas da cabeza. Polo menos é o que reflicte cando escribe:


          “Adoita ser frecuente que, entre os artesán e os pobres, os pais deixen os seus fillos vivir ao seu antollo, como vagabundos que van de acá cara alá..., sen coidarse de ningún xeito de levalos á escola e procurarlles educación... e áchanse como forzados a deixalos desatendidos”.


          Estes nenos, para La Salle, non só eran pobres por non ter nin pan nin cultura, senón tamén porque non había neles case nin cristianismo. E esas pobrezas daqueles nenos empezáronlle a preocupar a Xoán Bautista.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Vós, maioritariamente, a que tipo de home pertencedes, aos que contan ou aos que non contan? Gustaríavos seguir pertencendo a ese mesmo grupo? porqué? para que

ORACIÓN

A túa presenza, Señor, entre nós
É agarimosa e benfeitora.


Ti es o Pai bo de todos,
Pero tes preferencia por algúns: os pobres, os necesitados...


Hoxe recordamos a Xoán Bautista de La Salle
Era persoa das que contan,
Pero soubo deixar as súas comodidades.
Para atender aos que non contan.


Abre, Señor, os nosos ollos
Para ver as necesidades do noso redor.


Fainos hoxe sensibles

Aos que menos contan de entre nós.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!