OS DATOS DO DÍA
Martes, 29 de Abril de 2025
A NOSA IDENTIDADE PERSOAL

Con toda seguridade, cada un de vós preguntouse algunha vez: ¿Quen son eu? Que pinta unha persoa como min nun mundo como este?


          Non é verdade que preguntas así nolas fagamos cando todo vai ben; cando todo nos sae a pedir de boca, cando somos felices. Esta preguntas molesta de “quen son eu”? adoitámonola facer nos momentos baixos. Cando as cousas non saen a gusto dun preguntámonos: “por que me pasa a min isto”?

 
          As orixes destas palabras e destes malentendidos nunca se sabe ben onde están. Pero unha cousa debes ter en conta: Nin es un neno, nin es un adulto. Pero es unha persoa. Es unha persoa humana e iso é moi importante.

 
          Tan importante que outra persoa como Xoán de La Salle decidiu dedicar toda a súa vida e todo o esforzo da súa persoa por estar á beira de persoas así, á beira dos nenos, de adolescentes e de mozos, para acompañalos no seu crecemento.

 
          Este home que morreu en 1719 foi unha persoa namorada dos nenos e mozos. E entre estes, os máis necesitados. E, con todo, el fora un neno, un adolescente e un mozo de boa familia, rico, sen grandes problemas. Co futuro resolto. E deixouno todo para dedicarse á educación, para dedicarse a estes nenos, adolescentes e mozos que cando todo lles sae ao revés, que cando fracasan... se preguntan e, ás veces, con forza: ¿QUEN SON EU? ¿QUE PINTO NESTE MUNDO?

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

É certo que nos momentos difíciles vos facedes esas preguntas?

A que tipo de persoas desexarías ter cerca neses momento?

ORACIÓN

Como o aire que nos envolve

e a luz que nos dá claridade,
Estás, ti, Señor, nas nosas vidas.

 
Ti, Señor, estás connosco cando nos preguntamos:
¿quen son? ¿por que me pasa a min isto?


Ti, Señor, estás connosco:
Cando as relacións cos nosos pais e amigos fraquean
E cando as cousas nos saen ben.


Cando cambiamos de fumes sen saber por que
E cando os outros nos teñen en conta.

 
Hoxe lembramos, Señor,

a persoa de Xoán Bautista de La Salle,
El dedicou a súa vida a estar á beira dos mozos.

 
El preocupouse por quen eran e que lles pasaba.
El acompañounos no seu crecemento e no seu camiñar.

 
Señor, hoxe, con Xoán Bautista de La Salle,

ofrecémosche o que somos

e o que queremos ser.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!