OS DATOS DO DÍA
Mércores, 30 de Abril de 2025
O QUE VALE E O QUE NON VALE

Para moitos de nós aquilo que vale é todo o que pode converterse en diñeiro, e non vale o que non pode converterse en diñeiro. Un título universitario é valioso se pasa a ser diñeiro: bo posto de traballo e soldo que dá prestixio.


          Pero ese mesmo título pode ser outro destino: instalarse nun suburbio da cidade, en lugar de ir a vivir no centro; en lugar de facer que os demais veñan onda un, un vai cara aos demais... Pérdese tempo, chárlase coas persoas, trátase de axudar nos problemas... iso dá pouco diñeiro, por iso fano poucos.


          A vida de Xoán Bautista de La Salle moveuse, nos comezos, segundo os esquemas anteriores. Os seus estudos, o seu nivel familiar... permitíanlle chegar a Bispo, pero por vontade propia seguiu sendo un sinxelo sacerdote, que ademais se dedicou a algo mal visto: a educación.

 

          Renunciou ao que se pode converter en diñeiro, para quedar co que non se pode converter en diñeiro: vivir cuns mestres dedicados a dar clase aos nenos pobres. Pouco diñeiro lle debeu dar a Xoán Bautista o invento, pero seguro que lle proporcionou unha enchente de felicidade.c

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Das cousas que facedes cales se poden converter en diñeiro?

Que cousas pensades que nunca se poden converter en diñeiro?

ORACIÓN

Que felices nos atopamos hoxe, Señor,
Ao saber que estás dentro dos nosos corazóns.

 
Non necesitamos dar voces para que nos oias,
Nin mover os nosos brazos para que nos vexas.

 
Sabemos, Señor, que hai moitos que pensan
Que o que vale é ter diñeiro, prestixio, poder...

 
Nós, Señor, cremos que o que máis vale
É axudar e servir, e vivir a vida con sentido.

 
Grazas por habernos enviado

 a Xoán Bautista de La Salle.

 
El, podendo ser rico fíxose pobre coma Ti;
Podendo ser famoso, pasou a súa vida ignorado.

 
El preferiu os postos sinxelos
Para elevar aos pobres.


Axúdanos hoxe, Señor,
A compartir con amigos e compañeiros o que temos.

 
A servir,
A estar a disposición dos que nos necesitan,
A escoitar, a prestar atención aos que nos acompañan.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!