OS DATOS DO DÍA
Mércores, 30 de Abril de 2025
O SENTIDO DA PASCUA
P A S C U A

A Pascua significa para o cristián que Xesús venceu á morte e vive. Que está aquí e podemos oí-las súas palabras. Que parte con nós o pan e dáno-la súa paz; unha paz e unha alegría que ninguén nos poderá quitar.

A Pascua significa que Xesús é o amigo recuperado, o señor dos nosos corazóns para sempre. Pero, ademais, a Pascua dinos que o amor non pode morrer; que o último non é o mal, o absurdo e a morte, senón a xustiza, o amor e a vida; que algo de nós non morrerá nunca. A morte dos que aman non existe.

A Pascua significa que as máis fondas aspiracións humanas sobre a verdade, a bondade e a vida cumpriranse; que a última palabra será "gracias", cando nos encontremos co rostro de Xesús e nos sintamos nos brazos do Pai: eternamente "gracias", porque todo foi obra do amor.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como celebráche-la Pascua?

Que significa para ti esta festa?

Dás gracias a Deus nalgunha ocasión porque Xesús resucitou e a nós tamén nos resucitará?

ORACIÓN

L. Loámoste Xesús resucitado,

   porque vives co Pai

   e quedácheste connosco.

T.Loámoste, Señor Xesús.

L. Porque morriches na cruz

   e Deus Pai deuche a victoria.

T. Loámoste, Señor Xesús.

L. Porque salváche-los homes

   e nos fixeches nacer á gracia.

T. Loámoste, Señor Xesús.

L. Porque nos alimentaches co teu corpo

   e ofrécesnolo tódolos días.

T. Loámoste, Señor Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!