OS DATOS DO DÍA
Luns, 12 de Maio de 2025
AMEIXAS

Día internacional do Comercio Xusto. Segundo domingo de maio Nª Sª da Estrela.
Bos días a todos. Imos terminando coas froitas. Hoxe toca a ameixa: a que sabe?,
recordades como son? Pois ben, as ameixas son a froita que convida á orde; sempre as
tomamos de dúas en dúas, e axúdannos a manter o corpo como un reloxo: tiñádelo
oído? Pois ben, eu convídovos no día de hoxe a ser ordenados, a ter moi ben recollidas
as nosas cousas, os nosos libros ben postos na caixoneira, a clase limpa de papeis... que
de verdade se note no exterior que estamos felices e contentos porque Xesús segue
connosco.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Hoxe non hai preguntas e o que imos facer é dedicar 2 minutos a ordenar a
nosa clase e deixala como un pincel.

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas polo novo día que amence. Grazas por convidarnos a ser persoas
ordenadas. Se somos capaces de conseguilo, todo funcionará mellor, seremos moito
máis áxiles no noso traballo, e mesmo, aprenderemos máis. Grazas, Xesús, por este
agasallo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!