OS DATOS DO DÍA
Martes, 13 de Maio de 2025
La Salle mira + aló MELOCOTÓN

Bos días a todos: hoxe presentamos unha nova froita, a froita da vida, da resurrección. É o melocotón: sóavos seguro. O melocotón ten unha pel suave, como de veludo... Hai persoas que son ásperas, que lles pides algo e respóndenche de mala forma, que sempre teñen o rostro coma se estivesen en contra de alguén... Hoxe convídote, a ser como o melocotón, a ter unha pel suave, a ser delicado coas persoas, a tratalas ben. Se o conseguimos, a vida de Xesús farase presente entre nós.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Intentámolo? Feliz día.

Como podemos ser persoas suaves na nosa relación cos demais?

ORACIÓN

Amigo Xesús, dámosche grazas porque nos convidas a acoller os demais con boas formas e con alegría. Ti fixéchelo e convídasnos a facelo a nós. Que sexamos capaces de esforzarnos e ser doces para os demais. Grazas Xesús por este novo día.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!