OS DATOS DO DÍA
Mércores, 14 de Maio de 2025
O ESCUDO La Salle

Bos días a todos: Imaxínome que lembrades que o pasado martes empezamos a coñecer o noso escudo. Lembrar que este escudo coñéceno máis dun millón de alumnos en todo o mundo neste momento, e varios millóns de Antigos Alumnos, ou sexa, que é fácil que cando vaiamos pola rúa da nosa vila ou cidade, atoparnos con algunha persoa que leva na chaqueta ou na camisa a insignia de La Salle. Explícovos un pouco máis. O FONDO RASO AZUL fálanos do mar, do ceo. Símbolo de alegría, honestidade. Que como lasalianos tamén saibamos transmitila no noso redor. Sobre o escudo atopamos unha ESTRELA, non existía no escudo orixinal da familia. Foi engadida posteriormente. A estrela é o signo da FE. A estrela polar guía e orienta na noite. A estrela guiou os magos ao Portal. Nos nosos momentos difíciles, lembremos que as estrelas están aí, indicándonos o norte. Que as bágoas non nos molesten para contemplalas. E por último a palabra SALLA ou SALLE. Unha palabra que nos une a máis de 5000 Irmáns, 80.000 educadores e case un millón de alumnos, estendidos polos cinco continentes. O escudo tamén é universal, veralo en camisetas, gorras, chaveiros, pins, de moitos amigos de La Salle coma ti en todo o mundo. Un signo que nos une a todos eles. En calquera sitio onde esteamos e onde nos poidamos atopar este escudo lembraranos a amizade compartida en noso colexio La Salle.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que cres que é tan importante o escudo? Lembras o significado de cada un dos seus elementos?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas San Xoán Bautista de La Salle. Hoxe, ao comezo desta xornada sentímonos contentos e felices porque podemos seguir crecendo como persoas, como cristiáns e como Lasalianos. Axúdanos, Xesús, a propoñernos metas e a intentar cumprilas. Que a amizade, a unión e o compañeirismo... sexan os piares para traballar no día de hoxe.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!