OS DATOS DO DÍA
Luns, 12 de Maio de 2025
A VIDA É PARA ALGO...
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A    V O C A C I O N A L

Coñéce-lo conto da leiteira; co que saque da venda do leite mercarei unha cesta de ovos que se transformarán en polos. No mercado cambiareinos por un porco. Cando estea suficientemente gordo daranme unha tenreira... O final é sabido.

Na nosa sociedade hai formulacións moi similares: estudiarei, irei á universidade, sacarei esta ou estoutra carreira, colocareime, mercarei un coche, unha casa no campo para poder respirar... E ó final )a quen foi útil a miña vida?

Para un cristián non valen estas posturas: a vida é un don marabilloso que non pode consumirse sen que alumee ó seu redor.

Hoxe coma onte Deus segue chamando ós homes para complementa-la súa obra: necesita sacerdotes que presidan e guíen as comunidades que fagan visible o Reino, necesita relixiosos e relixiosas que transparenten o estilo de vida que Xesús adoptou, precisa segrares, casados e célibes, capaces de guiarse polos valores do Evanxeo.

Cadaquén no seu posto, pero todos comprometidos en crear unha nova humanidade. Cada un desde o lugar que Deus lle ten destinado.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Fas algo por descubri-lo plano de Deus sobre a túa vida?

Estás disposto a seguilo?

Pensas onde te pode querer Xesús?

ORACIÓN

Pai, póñome nas túas mans...

Sabes que estas palabras

que agora saen dos meus beizos,

son difíciles de pronunciar co corazón.

(Teño tantos plans para a miña vida!...

e pídesme que analice o teu proxecto...

)Non será unha proposición

dirixida a uns poucos?...

Mira que a miña vida de cristián

é moitas veces raquítica

e chea de componendas...

Axúdame a tomar en serio

a miña vida cristiá.

Que estea atento ó que Ti queres de min.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!