OS DATOS DO DÍA
Martes, 13 de Maio de 2025
COMO A TI MESMO
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A    D E LOITA CONTRA A    F A M E

Cóntano-lo Carlo Carretto: "Unha tarde atopei no deserto a un ancián que tremaba de frío. Parece estraño falar de frío no deserto, pero en realidade é así.

O sol puxérase e o ancián tremaba. Eu tiña dúas mantas, as miñas, as indispensables para pasa-la noite. Darllas significaba que entón sería eu quen pasaría frío.

Tiven medo, e quedeime coas dúas mantas para min.

Durante a noite non aterecín de frío, pero ó día seguinte tremín polo xuízo de Deus.

Efectivamente, soñei que morrera nun accidente, esmagado baixo unha rocha, ó pé da cal me quedara durmido.

A materia do xuízo foron as dúas mantas e nada máis. Fun xulgado inmaduro para o Reino. Sinxelamente faltara ó mandamento de Deus: "Amara-lo proximo coma a ti mesmo". En realidade amara a miña pel maís cá súa".

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Admites que non se pode adia-lo compartir co necesitado?

Aceptas o asumi-lo desprendemento que o compartir supón?

Estás disposto a dar pequenos pasos?

Cales?

ORACIÓN

Señor, dános un corazón xeneroso,

un corazón aberto ás necesidades

dos outros.

 

Queremos que o teu nome e e teu Reino

se fagan visibles no noso actuar,

que non nos quedemos en palabras,

que o noso pan sexa o pan de todos,

que o noso corpo trema de frío

cando vemos acorar ó noso lado.

 

Que poidamos rezar con sinceridade

o Noso Pai,

como irmáns que vivien unidos polo amor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!