OS DATOS DO DÍA
Mércores, 14 de Maio de 2025
TRANQUILIZANTE? BROMA? COMPROMISO?
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A D E LOITA CONTRA A F A M E

Le con atención estes artigos da Declaración dos Dereitos Humanos e bota logo unha ollada á sociedade que te rodea.

Artigo 1:

Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.

Artigo 25:

Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros en caso de desemprego, invalidez, viuvez, vellez e outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.

Seguramente que nin ti nin eu entendemos demasiado sobre conceptos de "inflación", "trilaterais", "dumping" etc., pero a ti e a min, seguramente, fainos chirriar ó decatarnos de que hai países nos que morre xente de fame, mentres noutros destrúense alimentos por esixencias económicas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Liches algunha vez a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?

Como che parece que se cumpre o art. 11 ?

Como podes colaborar ti a cumpri-lo art.25?

ORACIÓN

L. Pola nosa indiferencia

   ante problemas tan serios.

T. Pedímosche perdón, Señor.

L. Polas nosas colaboracións culpables

   con situación de claras inxustizas,

T. T. Pedímosche perdón, Señor.

L. Porque preferímo-la tranquilidade e

   o consumismo en tódalas súas formas

   ó compromiso co irmán,

T. T. Pedímosche perdón, Señor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!