OS DATOS DO DÍA
Xoves, 15 de Maio de 2025
A PASCUA, TEMPO DE PRIMAVERA
P A S C U A

A Pascua de Resurrección chámase tamén, Pascua florida. Na Pascua ábrese unha flor, que nace do sepulcro: a vida conseguiu a súa máxima victoria; o home ten motivos para esperar.

 Coa Pascua florece a esperanza. Os que están deprimidos e desencantados, son capaces das maiores empresas. Os discípulos de Xesús, que se dirixían cara a Emaús, pobres e desesperanzados, teñen razóns para recordar. Os que tiñan o corazón apagado séntense acesos. Os que dubidaban de todo, confesan a súa fe.

 Coa Pascua florece a alegría. Alegría irrefreable que ninguén pode apagar, que supera todo sufrimento. Esta alegría é un don do ceo, non se consegue co esforzo humano. Supera tódalas realidades humanas, porque, dende agora, a vida ten sentido.

 Coa Pascua florece o amor. O amor é máis forte cá morte. O amor levou a Xesús á morte; pero a súa morte non é definitiva. Agora podemos perdoar coma El, podemos ama-lo Pai e os irmáns con tódalas forzas e por sempre.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que a Pascua de Resurrección é motivo de esperanza para os cristiáns?

Ó pensar na Resurrección de Xesús, )sénteste con máis alegría e esperanza?

Que supón para ti que Xesús resucitou?

ORACIÓN

L. Xesús resucitado é a gran novidade:

   El vive nos irmáns, El vive en min.

   Por iso lle pedimos confiadamente:

   para que permanezamos fieis

   ó noso compromiso cristián.

T.Queda, Señor, connosco.

L. Para que o teu Espírito nos alente

   na profesión da nosa fe cristiá.

T. Queda, Señor, connosco.

L. Para que o noso amor de irmáns

   manifeste a túa presencia.

T. Queda, Señor, connosco.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!