OS DATOS DO DÍA
Luns, 9 de Xuño de 2025
PÓDENOS PASAR A TODOS

          A profesora anunciara que mañá farían unha saída ao campo e polo tanto non terían que levar libros nin estoxo.

          Rosalía é unha nena un pouco despistada e non se decatou.

          Ao día seguinte, cando chegou ao patio cos seus libros e o seu estoxo, os seus compañeiros, que non os levaban, ríronse dela e chamárona despistada.

          Rosalía enfadouse e ficou triste.

 

          Entraron na clase e a súa mestra rifoulle un pouco.

          Cando xa ían saír comezou a chover e tiveron que quedar na aula. A mestra quixo que debuxaran, mais non tiñan as cores nin os lapis. Só Rosalía os trouxera, e todos miraron de esguello.

          Rosalía abriu o seu estoxo e ofreceu as súas cores a todos. Un gran sorriso inundou a clase. Rosalía, lembrou que a primeira lección desta vida é COMPARTIR.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Que compartimos nós durante este curso?

* Está ben rirnos dos compañeiros?

ORACIÓN

Xesús, noso amigo,

Ti tamén tiveches leccións que aprender

cando eras neno e ías á escola.

Dámosche as grazas por este curso

que pasamos con ledicia no colexio.

Graciñas polas cousas que aprendemos.

Pedímosche que volvamos das vacacións

dispostos a pasar outro curso feliz.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!