OS DATOS DO DÍA
Martes, 10 de Xuño de 2025
É COUSA DE TODOS

No noso colexio está previsto facer unha exposición ao remate do curso.

 

          Non se van seleccionar os mellores traballos dos alumnos, senón aqueles que foron feitos con máis ledicia, con máis amor, co corazón.

 

          Os profesores cren que non van caber na sala.

 

          Propoñen a cada neno que elixa o seu.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cal escolleriamos nós?

Que máis cousas fixemos neste curso co corazón?

ORACIÓN

Señor, estamos moi ledos

de todo o bo que fixemos neste curso:

dos debuxos que pintamos,

dos libros que lemos,

das historias que escribimos,

dos xogos e cancións que aprendemos.

Por todo o que fixemos no colexio

e polos bos intres que pasamos nel,

grazas, Señor, graciñas.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!